Reflexión: Creación de Ambientes de Aprendizaxe (PLE) e PLN

prismaticos

En novembro de 2004, o Comité de Gran Bretaña JISC (Joint Information Systems Committee) realizou un congreso aludindo de xeito específico ó concepto de PLE (Personal Learning Environments) ou ambientes de aprendizaxe en rede do alumnado. A partir desta data establecéronse dúas vertentes de definición do PLE: potenciar o uso do mellor PLE entendido como software (tecnolóxica) ou o PLE como metodoloxía de aprendizaxe baseado no uso da tecnoloxía (pedagóxica). Na actualidade as investigacións e estudos continúan destacando o potencial do enfoque pedagóxico e as súas implicacións na aprendizaxe.

Resulta clara e expositiva a definición de Adell e Castañeda (2010), que entenden o PLE como un “conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa utiliza de forma asidua para aprender” (p. 7). Esta aprendizaxe tamén está caracterizada pola era da tecnoloxía en función das conexións que se permiten en tódalas localizacións posibles mediante multitude de dispositivos, a dispoñibilidade continua da información ou o seu carácter permanente, autónomo e independente.

O ensino formal non debe pretender ser a única experiencia de aprendizaxe, nin os docentes limitarse a empregar métodos tradicionais que renuncian ás posibilidades da combinación de tecnoloxías e pedagoxías emerxentes.

estatua

Froito da necesidade de dotar ó persoal docente de ferramentas para a construción de redes e ambientes de aprendizaxe, xurdiu a proposta do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), materializada na formación en Creación de Ambientes de Aprendizaxe a través da plataforma de teleformación Platega.

Entre os contidos analizados destacar a creación de redes persoais de aprendizaxe (PLN) e comunidades de práctica, o traballo colaborativo, a curación de contidos e o dominio de ferramentas da web 2.0 para a creación de contidos.

Neste contexto a valoración é completamente positiva e de admiración polo bo traballo realizado dende a coordinación e titorías: Ignacio Rodiño (@nachorodino), Carlos López Ardao (@jardao) e Jose Novegil (@vnovegil).

As posibilidades que ofrece actualmente Internet dotáronme de formación específica en TICs mediante a que testear moitas das ferramentas presentadas durante o curso en Creación de PLEs, porén a aprendizaxe a través da PLN configurada durante o curso é insubstituíble, destacando os foros e espazos de intercambio de información como os recursos mais integrais e completos.

A proposta de tarefas foi variada e adaptada ós múltiples ritmos, tipos e estilos de aprendizaxe. Salientar os beneficios da avaliación por pares, o uso de rúbricas e a creación de produtos a través de diferentes recursos, respectando así o criterio da variedade de expresións e o dominio de diferentes técnicas da competencia dixital. Con referencia á valoración por pares, botei en falta os comentarios de crítica construtiva dos compañeiros e compañeiras, pois son os que de verdade poden enriquecer a actividade e non unha mera puntuación final.

O uso de Feedly como lector de RSS e a creación de Comunidades de Práctica enriqueceron o meu PLE especialmente, mediante utilidades e aplicacións que descoñecía ata o momento.

Dentro do meu contexto laboral as ferramentas dixitais con maior aplicación son as redes sociais para transmitir información actualizada(Facebook, Twitter), lectores de RSS (Feedly), marcadores sociais (Diigo),  aplicacións para a curación de contidos (Pinterest, Pocket) e todas aquelas que permitan a súa integración pedagóxica e ludificación (lectores QR, APPs para a realidade aumentada,…). As ferramentas dixitais son as que deben poñerse ó servizo dos coñecementos, habilidades e actitudes que desexamos traballar, por tal motivo, as Apps que aplico no miña labor educativa varían en función das necesidades. Indicar por último algúns exemplos:

duolingo
Duolingo (aprendizaxe de idiomas)
Socrative
Socrative

A aprendizaxe continúa e por suposto esto non remata aquí…

chave

Referencias Bibliográficas

  • Adell, J. e Castañeda, L. (2010). Los entornos personales de aprendizaje (PLEs): Una nueva manera de entender el aprendizaje. En M. Fiorucci (Ed.), Claves para la investigación en innovación y calidad educativas. La integración de las tecnologías de la información y la comunicación y la interculturalidad en las aulas (pp. 1-16). Alcoy: Marfil.

3 respuestas a “Reflexión: Creación de Ambientes de Aprendizaxe (PLE) e PLN

  1. Carlos López Ardao (@jardao) 5 mayo, 2015 / 1:00 am

    Excelente artigo, Marga. Parabéns e grazas pola parte que me toca. En canto aos comentarios na avaliación por pares, estaban habilitados pero a xente non os usou. Tomamos nota para vindeiras edicións. Apertas.

    Le gusta a 1 persona

    • marcuxa 5 mayo, 2015 / 6:28 am

      Graciñas Carlos polo feedback! Entendo o tema dos comentarios; sabía que estaban habilitados e de feito sempre intentaba aporta algo construtivo…mágoa que non se empregase esta ferramenta tan importante nunha avaliación. Unha aperta!

      Me gusta

  2. fotoxanela 21 febrero, 2017 / 10:00 pm

    Pareceume unha reflexión moi interesante. A verdade é que as TIC poden axudar moito. Son moi motivadoras e moi áxiles. Xa tes unha seguidora!

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s