Casas nido: servizo necesario, pero ¿con suficiente capacitación?

O Consello da Xunta, acaba de aprobar por Decreto, a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia, que entrará en vigor, unha vez se publique no Diario Oficial de Galicia. Entre a oferta inclúese a creación de 30 Casas Nido nas zonas rurais de Lugo e Ourense. Porén, chama a atención o perfil formativo do persoal ó seu cargo: as persoas propietarias deberán superar un curso de formación, para o que existen 60 peticións. Esta mesma difusión foi realizada cun ano de antelación, fixando a implantación para o primeiro semestre de 2015, aínda que non chegou a materializarse.

As Casas Nido están destinadas á atención de nenos e nenas de 0 a 3 anos en grupos reducidos (3-4 nenos/as), moi extendidas en Reino Unido, Alemania, Francia, Finlandia, Dinamarca… coñecéndose por varias denominacións. Seguen diferentes metodoloxías, destacando a pedagoxía Waldorf (Rudolf Steiner) ou as ensinanzas de María Montessori e Jean Piaget.

Entre os referentes metodolóxicos precisase a importancia da naturaleza individual de cada neno/a, a estimulación das diferentes capacidades (intelectual, emocional, volitiva), a adaptación ás necesidades individuais, os diferentes tipos de expresión (artística, manual, literatura…)


La Educación Prohibida: experiencias educativas alternativas

As persoas con formación en Técnico Superior en Educación Infantil, teñen competencia para realizar a intervención educativa nesta tipoloxía de recursos, cunha formación especializada e a pertinente cualificación para coñecer o desenvolvemento evolutivo das crianzas. Entre a escasa información publicada, unha nova en La Voz de Galicia comenta o número de horas de formación segundo as persoas destinarias:

  • Graduado en ESO: 400 horas de formación
  • Graduado en Maxisterio: 175 horas
  • Técnico Superior en Educación Infantil: 175 horas

Resulta un tanto estraño ou desaxustado o criterio seguido para establecer as esixencias formativas. Estaremos ó tanto dos avances

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s