Reflexión: Creación de Ambientes de Aprendizaxe (PLE) e PLN

prismaticos

En novembro de 2004, o Comité de Gran Bretaña JISC (Joint Information Systems Committee) realizou un congreso aludindo de xeito específico ó concepto de PLE (Personal Learning Environments) ou ambientes de aprendizaxe en rede do alumnado. A partir desta data establecéronse dúas vertentes de definición do PLE: potenciar o uso do mellor PLE entendido como software (tecnolóxica) ou o PLE como metodoloxía de aprendizaxe baseado no uso da tecnoloxía (pedagóxica). Na actualidade as investigacións e estudos continúan destacando o potencial do enfoque pedagóxico e as súas implicacións na aprendizaxe.

Resulta clara e expositiva a definición de Adell e Castañeda (2010), que entenden o PLE como un “conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa utiliza de forma asidua para aprender” (p. 7). Esta aprendizaxe tamén está caracterizada pola era da tecnoloxía en función das conexións que se permiten en tódalas localizacións posibles mediante multitude de dispositivos, a dispoñibilidade continua da información ou o seu carácter permanente, autónomo e independente.

O ensino formal non debe pretender ser a única experiencia de aprendizaxe, nin os docentes limitarse a empregar métodos tradicionais que renuncian ás posibilidades da combinación de tecnoloxías e pedagoxías emerxentes.

estatua

Froito da necesidade de dotar ó persoal docente de ferramentas para a construción de redes e ambientes de aprendizaxe, xurdiu a proposta do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), materializada na formación en Creación de Ambientes de Aprendizaxe a través da plataforma de teleformación Platega.

Entre os contidos analizados destacar a creación de redes persoais de aprendizaxe (PLN) e comunidades de práctica, o traballo colaborativo, a curación de contidos e o dominio de ferramentas da web 2.0 para a creación de contidos.

Neste contexto a valoración é completamente positiva e de admiración polo bo traballo realizado dende a coordinación e titorías: Ignacio Rodiño (@nachorodino), Carlos López Ardao (@jardao) e Jose Novegil (@vnovegil).

As posibilidades que ofrece actualmente Internet dotáronme de formación específica en TICs mediante a que testear moitas das ferramentas presentadas durante o curso en Creación de PLEs, porén a aprendizaxe a través da PLN configurada durante o curso é insubstituíble, destacando os foros e espazos de intercambio de información como os recursos mais integrais e completos.

A proposta de tarefas foi variada e adaptada ós múltiples ritmos, tipos e estilos de aprendizaxe. Salientar os beneficios da avaliación por pares, o uso de rúbricas e a creación de produtos a través de diferentes recursos, respectando así o criterio da variedade de expresións e o dominio de diferentes técnicas da competencia dixital. Con referencia á valoración por pares, botei en falta os comentarios de crítica construtiva dos compañeiros e compañeiras, pois son os que de verdade poden enriquecer a actividade e non unha mera puntuación final.

O uso de Feedly como lector de RSS e a creación de Comunidades de Práctica enriqueceron o meu PLE especialmente, mediante utilidades e aplicacións que descoñecía ata o momento.

Dentro do meu contexto laboral as ferramentas dixitais con maior aplicación son as redes sociais para transmitir información actualizada(Facebook, Twitter), lectores de RSS (Feedly), marcadores sociais (Diigo),  aplicacións para a curación de contidos (Pinterest, Pocket) e todas aquelas que permitan a súa integración pedagóxica e ludificación (lectores QR, APPs para a realidade aumentada,…). As ferramentas dixitais son as que deben poñerse ó servizo dos coñecementos, habilidades e actitudes que desexamos traballar, por tal motivo, as Apps que aplico no miña labor educativa varían en función das necesidades. Indicar por último algúns exemplos:

duolingo
Duolingo (aprendizaxe de idiomas)
Socrative
Socrative

A aprendizaxe continúa e por suposto esto non remata aquí…

chave

Referencias Bibliográficas

  • Adell, J. e Castañeda, L. (2010). Los entornos personales de aprendizaje (PLEs): Una nueva manera de entender el aprendizaje. En M. Fiorucci (Ed.), Claves para la investigación en innovación y calidad educativas. La integración de las tecnologías de la información y la comunicación y la interculturalidad en las aulas (pp. 1-16). Alcoy: Marfil.

Content Curation: función docente imprescindible

Content curation: que significa este concepto? As súas orixes etimolóxicas situanse nun artigo publicado por Rohit Bhargava, do sector do marketing, no 2009: Manifesto for the content curator: The next big social media job of the future. Ante a cantidade incesante de información (denominado infoxicación na actualidade) son precisos determinados profesionais (content curator) que busquen, filtren e compartan contidos con criterios de calidade.

Despois de varios encontros coas súas funcións, estratexias e ferramentas, a conceptualización do que é a Curación de Contidos resulta mais doada, e por suposto, aínda que soen vincular o término aos campos do periodismo ou do marketing, os beneficios no mundo educativo non teñen límites.

As accións que implican a curación de contidos son definidas no método das 4 S´s (Guallar e Leiva-Aguilera, 2013) como search (búsqueda), select (selección), sense making (caracterización) e share (difusión), xunto co deseño previo e avaliación final.

No referente ás ferramentas da content curation, podemos atopar unha gran variedade de suxerencias, agrupadas en función de diferentes criterios (fases, funcións, taxonomías, fontes). A continuación unha pequena selección presentada en infografías:

http://www.digitalinformationworld.com/
http://www.digitalinformationworld.com/
Content Curation. Tactics, tool & goalsin 2014 http://www.digitalinformationworld.com/
Content Curation. Tactics, tool & goals in 2014
http://www.digitalinformationworld.com/
c
Curación de contenidos en la Escuela. Manuel Guzmán http://manelguzman.blogspot.com.es/
Content Curation (1)
Infografía Curación de Contidos Margarita Conde @marcuxa

Por último destacar a aplicación práctica da content curation no meu campo profesional da educación e intervención socioeducativa mediante algunhas ferramentas e aplicacións:

  • BÚSQUEDA DE CONTIDOS

Agregadores 

feedly

Feedly. Agregador RSS e organización de fontes web en carpetas temáticas

flipboard

Flipboard. Agregador para móbiles. Presentación das fontes en formato de revista dixital interactiva. Permite agregar blogs, redes sociais (presentando por un exemplo unha búsqueda de hashtag), prensa dixital, podcasts, canales de vídeo.

Marcadores Sociais

DiggDiigo. Un dos mais completos, que aporta ligazóns, grupos de seguidores, sitios web, etiquetas relacionadas ou listas.

delicious

Delicious. Agrupa ligazóns con formato de biografía.

Redes Sociais

twitter4TwitterAínda que a súa creación non responde ó obxectivo de búsqueda de información, a través de outras aplicacións/extensións (Hootsuite, TweetDeck) e da xestión das súas características básicas (creación de listas, búsqueda por hashtag, búsqueda xeolocalizada, seguimento de usuarios, etc.), é inagotable a cantidade de recursos que podemos atopar.

  • SELECCIÓN DE CONTIDOS

EvernoteEvernote. Organiza os datos con formato de notas que podemos agrupar en carpetas. As posibilidades de edición e integración con outras ferramentas son excelentes.

pocket

Pocket. Permite que garde unha ligazón, imaxe, vídeo… a través de etiquetas para despois volver a recuperar a información.

  • CARACTERIZACIÓN E DIFUSIÓN DE CONTIDOS

Curation baseada en blogs

wordpress-icon  Wordpress

blogger   Blogger

Curation baseada en social media

Pinterest-icon  paper.li scoop

Curation colaborativa

pearltrees

 Outras ferramentas

symbaloo

academico

Bases de datos

Educación. Localizador de recursos electrónicos: FIADOR

D
Fiador – Universidade de Vigo

Referencias

GUALLAR, J.; LEIVA-AGUILERA, J. (2013). El content curator. Barcelona: UOC.

MENA, S. (2014). Herramientas contra la infoxicación en los Social Media: Los “Content Curators”. Ámbitos: Revista Internacional de comunicación, 24, 11-20.

Cómo adxuntar un documento .pdf en Blogger

Elaboro esta pequena entrada para explicar como incrustar unha publicación en formato .pdf ou .doc, en resposta ás dúbidas do Curso de Creación de Ambientes de Aprendizaxe. Espero que sirva de axuda.

Podemos insertar un visor para facilitar a lectura do documento en .pdf que desexemos. Non vos deixedes levar pola apariencia de que resultará complicado…é moi sinxelo, e unha vez que o automaticemos será moi doado.

  • Primeiramente debemos gardar o documento en calquera dos medios de almacenamento na nube

onedrive

dropboxgoogle drive

  • Por exemplo en Drive, abrimos o noso documento e na carpeta Arquivo (File), seleccionamos publicar na web

publicar

  • Escollemos a opción “Inserir” e copiamos o código para incrustar o documento en .pdf (embeber)

inserir

 

  • Este é o código que debemos pegar na nosa entrada de Blogger, pero tendo coidado de pegalo na pestana de texto (non na visual)

E xa estaría todo preparado. Podes comprobalo a través da opción de Vista previa. Recomendo tamén que vos animedes a probar outros servizos para a xestión de documentos, que inclúen unha gran variedade de funcións complementarias (deseño de presentacións, visualización en formato libro, etc.)

scribd

Slideshare-iconissuu imaxe